CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga o alcalde de Ourense por presunta prevaricación pola retirada dunhas balizas

Publicado o 25/02/2021 14:22
A Fiscalía investiga o alcalde de Ourense por presunta prevaricación pola retirada dunhas balizas

A Fiscalía investiga o alcalde de Ourense por presunta prevaricación na retirada das balizas de acceso á zona vella da cidade. Segundo consta na denuncia, fíxoo presuntamente sen o correspondente informe técnico e en contra da propia ordenanza municipal de tráfico. 

Gonzalo Pérez Jácome remitiu unha nota de prensa na que defende a medida e nega calquera ilegalidade. Di que aforrou accidentes e cualifica de covarde a denuncia ante a fiscalía, xa que é anónima. O alcalde traslada que sospeita dun policía local ou doutro funcionario e avanza que non pensa dimitir, tal e como lle pediu o grupo socialista.

 

Noticias web

25/02/2021