CRTVG

Buscar

A Fiscalía e a acusación piden o ingreso en prisión de Papuchi

Publicado o 03/06/2019 14:36

Nunha vista celebrada esta mañá na sección quinta da Audiencia en Vigo, a Fiscalía e os avogados das acusacións solicitaron o ingreso en prisión do hostaleiro vigués coñecido polo alcume de Papuchi, alegando risco de fuxida e falta de arraigamento. Está condenado a 36 anos de prisión por abusos sexuais a 16 menores, pero está en liberdade baixo fianza coa obriga de comparecer nos xulgados semanalmente á espera da firmeza dunha sentenza que foi recorrida.

A defensa manifestou a súa oposición á medida provisional solicitada por non cumprir cos requisitos da prevención de liberdade e solicitou, ademais, a retirada da fianza. Pediu tamén a modificación dalgunhas das medidas impostas ao empresario, entre elas, a eliminacion da orde de afastamento dos menores respecto aos que non se probaron abusos e o levantamento da prohibición de saír do territorio nacional argumentando que o condenado é insolvente e precisa atopar traballo para axudar os seus pais, cos que convive na actualidade. A defensa salientou que nunca tentou fuxir da xustiza e que o seu comportamento foi correcto salvo no período polo que foi xulgado.

O asunto quedou visto para a resolución da Audiencia.






 

Noticias web

03/06/2019