CRTVG

Buscar

A Fiscalía de Almería pide oito anos de cárcere para Santi Mina

Publicado o 02/06/2021 14:43

A Fiscalía de Almería pide oito anos de cárcere para o futbolista celeste Santi Mina pola súa presunta agresión sexual a unha muller.

Oito anos de cárcere e ademais unha pena de liberdade vixiada de dez anos para o dianteiro vigués.

A acusación asegura que a denunciante arrastra secuelas psicolóxicas que afectan a súa vida diaria.

Os feitos aconteceron en xuño de 2017 na localidade almeriense de Mojácar, cando Santi Mina accedeu a unha caravana apartada na que se atopaban o seu amigo e tamén futbolista David Goldar e a denunciante.

Non hai acusación contra Goldar, que declarará como testemuña.

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, cre na versión do xogador que di estar tranquilo, pero adveritu:  "e o veredicto non é o esperado tomarán as medidas oportunas". 

 

Noticias web

02/06/2021