CRTVG

Buscar

A fiscalía alemá di que ten probas de que Madeleine McCann está morta

Publicado o 16/06/2020 14:57

Os investigadores alemáns que levan o caso de Madeleine McCann están convencidos de que a pequena está morta. Así llelo trasladou a fiscalía alemá aos pais nunha carta en que, se ben afirman que teñen evidencias do falecemento da pequena, non concretan cales serían esas probas. Cren que a revelación de datos poría en perigo o progreso da investigación. De momento, tampoco comparten a información coas policías británicas nin portuguesa, implicadas tamén no caso.

Ao preguntarlle por esta carta, o voceiro da familia McCann afirmou que non van facer ningún comentario sobre comunicacións privadas. De feito, nin sequera confirmou se os pais da pequena, desaparecida hai 13 anos no Algarve, recibiron ou non a carta da fiscalía.

A investigación reactivouse a raíz da identificación dun novo sospeitoso, un home de 43 anos con múltiples condenas por delitos sexuais que actualmente está nunha prisión alemá. Na época da desaparición de Madeleine vivía no Algarve.

Noticias web

16/06/2020