CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide que imputen por asasinato os 4 adultos detidos pola morte de Samuel

Publicado o 05/08/2021 19:49

• Piden que o mozo que colleu o teléfono sexa xulgado por outro delito de roubo con violencia

A Audiencia rexeita poñer en liberdade un adulto e os menores detidos, estando un deles en liberdade vixiada no momento da agresión

Eran as nove e cinco da mañá cando chegaban aos xulgados da Coruña tres dos mozos detidos polo crime de Samuel para escoitar as acusacións que hai contra eles.

Ás dez menos dez chegaba, andando e tapada por uns lentes de sol, ela, a única moza implicada, en liberdade con cargos por encubrimento.

Na comparecencia deste xoves, a Fiscalía e as acusacións particulares pediron que os catro sexan xulgados por un delito de asasinato pola morte de Samuel. Tamén piden que o mozo que colleu o seu teléfono sexa xulgado por outro delito de roubo con violencia

"De momento é só por este procedemento. Non se vai saber nada máis", di un dos avogados.

As partes presentadas na causa tamén solicitaron que se xulgue nun procedemento diferente un delito de lesións polos golpes que recibiu Ibrahima, o mozo senegalés que defendeu a Samuel.

Á saída dos 3 mozos que permanecen en prisión provisional repetíanse os berros e os apupos dos amigos de Samuel que se mantiñan ás portas do xulgado reclamando xustiza.

A causa segue aberta. Fiscalía, acusacións e avogados defensores pediron que se practiquen novas dilixencias para achegar todas as probas posibles.

Noticias web

05/08/2021