CRTVG

Buscar

A fin do estado de alarma enfronta o Goberno e o PP no Senado

Publicado o 13/04/2021 19:46

O Partido Popular acusou a Pedro Sánchez no Senado de irresponsable por defender agora a fin dun estado de alarma con argumentos opostos aos que empregou en outubro para aprobalo. O senador popular, Javier Maroto, instou o presidente a dicirlle "cando nos mentiu, cando nos dixo que sen el as comunidades autónomas non terían cobertura xurídica para tomar as decisións ou se nos mente agora cando di que o poden facer sen estado de alarma?".

O presidente do Goberno ironizou sobre unha opinión, a dos dirixentes populares, que varía, dixo Sánchez, segundo a comunidade autónoma que gobernan. Criticou os de Casado por oporse a todas as medidas tomadas para combater a pandemia, incluída esta: "Ata hoxe, vostedes o que fixeron foi votar en contra do estado de alarma, que foi o que salvou vidas e salvagardou a saúde pública dos españois. A sensación que teño é que se o Goberno propón prolongar o estado de alarma a partir do 9 de maio vostedes berran e se non o propoñemos, tamén berran".

Noticias web

13/04/2021