CRTVG

Buscar

O sector hoteleiro reactívase ante a proximidade da fin do estado do alarma

Publicado o 03/05/2021 21:15

Esta cadea de hoteis mantivo abertos nos últimos meses os establecementos que ten en España, 18 deles en Galicia. Desde hai uns días está a ver como aumenta o número de reservas ante a proximidade do remate do estado de alarma.

Na cidade da Coruña o 30 % dos hoteis aínda permanecen pechados, pero irán reabrindo nos próximos días. É o caso do Hilton, que ten programada a súa volta para o mércores día 12. O sector fala xa de certa recuperación para este verán.

Ante a incerteza do que vai acontecer coa mobilidade entre países, o sector agarda un incremento de visitantes procedentes doutras comunidades españolas.

En canto ao turismo estranxeiro, este ano os hoteis galegos teñen postas as súas esperanzas en Portugal.