A fin de semana soben un chisco as temperaturas, pero o tempo seguirá feo
Publicado o 12/06/2020 17:07
Vendo o vídeo que acompaña esta noticia, calquera pensaría que estamos preto do outono..., aínda que hai a quen non parece importarlle moito. Outros, en cambio, aceptan o que veña con resignación, porque estamos a piques de entrar no verán!
O tempo non trae boas novas, pero podería ser aínda peor, porque a borrasca que tiñamos enriba, finalmente, non entrou coa forza prevista. Desprazouse deixándonos así algún que outro claro.
De cara á fin de semana, as máximas terán un lixeiro ascenso, aínda que continuaremos en valores baixos para esta época do ano.