Unha menor ratifica ante o xuíz as acusacións de abusos do seu padrasto
O acusado atribuíu a denuncia da menor aos celos polo trato que dispensaba á filla que a nai e el teñen en común e a unha mala relación. Admitiu que chegou a compartir cama con ela, pero negou que mativese coa nena relacións sexuais.
Mentres, a moza, que prestou declaración a porta pechada, ratificou as acusacións. Respecto ás manchas de seme que a nai atopou nas sabas da cama das nenas, o fiscal avanzou que se atribúen nun 99,9 por cento ao acusado.
Pola súa banda, o home dixo que non sabe como chegaron ata alí. Mentres, a nai da vítima ratificou que foi ela quen gravou a conversa en que o acusado admitía que se trataba de xogos e que as relacións eran consentidas. Ademais, afirmou que o viu varias veces deitado coa moza. A fiscalía pide para o acusado unha pena de 15 anos de prisión.
Mentres, a defensa solicita a nulidade da actuación da Policía Local, xa que considera que a detención debera realizala a Policía Xudicial. O xuízo quedou visto para sentenza.