CRTVG

Buscar

A festa segue na rúa tras o peche dos locais nocturnos na zona de copas da Coruña

Publicado o 19/09/2021 18:45

Coa fin das limitacións ás reunións sociais, públicas e privadas, tanto de día coma de noite, volve tamén o balbordo nocturno ás rúas de moitas cidades. Os pubs e discotecas deben pechar ás tres da mañá, pero desde esta fin de semana a festa pode continuar toda a noite na rúa.

Así sucedeu nesta coñecida zona de copas da Coruña, preto da praia do Orzán, onde se concentraron grupos de mozos que ocasionaron algúns problemas para circular, como lle pasou a un taxista, que tivo que retirar un colector para poder pasar.


 

Noticias web

19/09/2021