CRTVG

Buscar

A Ferrería de Seoane acolle, unha vez máis, o festival do Filandón do Courel

Publicado o 04/08/2019 21:44

A Ferrería de Seoane acolle unha vez o Filandón do Courel, un festival que este ano fai vinte e dous anos e que concede o título de 'raíña' a unha veciña que leva toda a vida cantando coplas populares.
Desde ben cativa esta muller xa recitaba coplas na casa, romances populares que lle aprendeu a súa avoa. Conservaos frescos na memoria e non recela en recitalos.

Hoxe, aos seus oitenta e nove anos, María recibe o título de raíña do Filandón do Courel, un festival que recolle as cancións populares desta zona da montaña lucense e tamén de Ourense.

María lembra tempos en que as coplas e os brindeiros eran algo cotián.

Relatos cantados que forman parte da cultura popular da xente de O Courel e que este Filandón recupera para evitar que desaparezan. Un festival en que mozos e maiores implícanse para fomentar o patrimonio cultural.

 

Noticias web

04/08/2019