A feira volve a Valença e os primeiros galegos regresan á cita co mercado
A vida na fronteria de Galicia con Portugal recupera pouco a pouco a actividade despois de meses sen contacto. Un dos puntos de encontro máis importantes está na feira de Valença, que se celebra este mércores.
Ao chegarmos a Valença, nos aparcadoiros xa queda claro, maioría de matrículas españolas. Pero non abonda para os tendeiros. Entramos na feira e encontrámonos con José, 30 anos vindo á feira, e di estar farto da agardar polos clientes, así apoiado.
Hai só uns días que os galegos podemos entrar en Portugal, pero si hai tendeiros que son máis positivos e que coidan se recuperá todo pouco a pouco.
Portugal continúa con mínimos de falecidos e positivos desde que comezou a pandemia, pero están moi atentos a como afectará a apertura das fronteiras nas vindeiras semanas.