A feira Semana Verde volve a Silleda tras a parada pola pandemia
Publicado o 03/09/2021 15:26
O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, inaugurarón esta mañá a edición número 43 da Semana Verde de Galicia, e que supón a recuperación deste certame tras a parada da pandemia.
O recinto feiral de Silleda volve encherse de expositores, preto de 400, a súa maioría no Salimat, o salón da alimentación, co obxectivo de contribuír á reactivación económica e de ofrecer un espazo seguro de negocio e entretemento.
Outros certames paralelos son os dedicados ao turismo, á caza e á pesca, á maquinaria e ao gando, con especial protagonismo para as razas autóctonas. Na fin de semana celebraranse tamén concursos de cans e de cabalos. A Semana Verde estará aberta ata a tardiña do domingo coa entrada de balde.