A Feira Made in Galicia promove os emprendedores e produtos galegos na Coruña
Nos xardíns coruñeses de Méndez Núñez estase a celebrar Made in Galicia, unha feira que potencia a elaboración de produtos galegos referidos á moda, á gastronomía, á decoración e á arte.
Tras a feira de artesanía, Mostrat, que rematou o 15 de agosto, os xardíns de Méndez Núñez, onde se celebrou, non quedan baleiros. Moitos dos establecementos alí instalados decidiron quedar ata finais de mes para formar parte da Feira Made In Galicia, orientada a dar a coñecer o potencial galego.
Made in Galicia componse de 44 casetas, en que se mestura moda, gastronomía, decoración e arte, entre outros. A afluencia de persoas durante a feira é elevada e isto axuda a que pequenos emprendedores se dean a coñecer, potenciando así o produto galego.
Así que, ata o 31 de agosto, se pasan polos Xardíns de Méndes Núñez, na Coruña, teñen unha cita con Made in Galicia.