CRTVG

Buscar

A Feira do libro volve a celebrarse en Ferrol en formato reducido de tres días

Publicado o 23/04/2021 20:59

Entre aventuras narradas, historias noveladas, poemas e ilustracións. Así é como se achegan de novo os ferroláns á súa Feira do libro e seguen habendo ganas de reencontrarse coa lectura na rúa.

Autores e autoras como Tareixa Roca e Luís G. Soto volven compartir ilusión e impresións cos seus lectores. Ao igual ca os libreiros.

E todo seguindo estritos protocolos que fan da feira un lugar seguro.

Este ano o formato é reducido. Con menos actividades e tamén menos casetas.

A feira reduce a súa duración ata o domingo. Os descontos seguen a ser os de sempre.
 

Noticias web

23/04/2021