CRTVG

Buscar

A Feira do Libro recupera o seu espazo nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña

Publicado o 01/08/2020 21:15

Javier Peña pasea entre libros nunha feira imprescidible nos seus veráns. De neno visitaba as casetas cos seus avós. Hoxe volve para asinar exemplares da súa primeira novela, "Infelices", un título desconectado do presente do escritor, emocionado por poder reencontrarse precisamente aquí cos seus lectores.

Máis de cen autores estarán na Feira do Libro, este ano con menos librerías e máis seguridade ca nunca. Toca apoiar a cultura. As sensacións son boas. A última obra de Elba Pedrosa publicouse apenas uns días antes do confinamento. Na Feira do Libro recupera o tempo roubado. A literatura resiste. Ata o dez de agosto habita nos Xardíns de Méndez Núnez da Coruña.

Noticias web

01/08/2020