A Feira do Automóbil de Ocasión de Carballo volveu apostar polas portas abertas pola pandemia
O sector de vehículos novos é un dos máis afectados pola escaseza de materiais de fabricación e a crise dos microchips. É bo momento pois para mercar coches de ocasión. Coma en Carballo, onde se celebrou a feira do automóbil. Unha mostra en formato aberto pola pandemia e cunha área de exposición repartida en 13 concesionarios.
Moitos visitantes que se achegaban á feira do automóbil de Carballo buscaban un bo coche a un bo prezo. Algúns só ollaban, outros probábanos e moitos finalmente mercaban. Atopaban gran variedade de vehículos de quilómetro cero, seminovos, de ocasión, nacionais, ou de importación... Todos eles con descontos importantes e condicións especiais de financiamento.
Esta feira do automóbil Berocasión celebrouse por segundo ano en formato aberto pola pandemia. Participaron trece concesionarios cuns 600 coches en exposición, un evento que os favorece nun momento no que o sector se está a ver afectado pola escaseza de materiais.
Na edición anterior venderon na feira un cento de vehículos, ademais das vendas que avanzaron e que se materializaron posteriormente.
Variedade, polo tanto, de opcións para aqueles que queren cambiar de coche neste 2021.