CRTVG

Buscar

A feira da artesanía de Porto do Son esténdese ata o 31 de agosto

Publicado o 23/08/2021 16:34

Un dos clásicos do verán son as feiras de artesanía nas diferentes vilas galegas. Unha delas é a que localizamos en Porto do Son. Son 20 postos con produtos de todo tipo, pero coa característica común do traballo á man.

Rocío e a súa familia traballan o po que sae do corte das pedras para facer reloxos, caixas ou lámpadas.

"Traballámolo en forno sobre unha base de madeira, que ese é o primeiro traballo: decorar e facer a peza en madeira. Unha vez que está feita, no forno ímoslle traballando o po de maneira que fai como unha película que queda pedra", defende Rocío Frade.

É un exemplo do traballo artesán que os visitantes poden atopar nesta feira de Porto do Son. Pero hai máis, dinos Samuel Corgo: "Pan artesán, produtos de matanza de León e Zamora, e compañeiros que fan cousas con culleres".

Produto feito á man chegado de diversos puntos de España como os pendentes que fai Vicente, de Valencia: "Trepadores que fan un efecto como pendentes".

Unha feira que tiña previsto rematar o 8 de agosto, pero que continúa ata o 31 de agosto pola demanda de comerciantes e visitantes

Noticias web

23/08/2021