CRTVG

Buscar

A Fegamp pídelle ao delegado do Goberno que medie para conseguir a devolución dos cartos do IVE de 2017

Publicado o 04/05/2021 16:26

Galicia reclama nos tribunais o IVE que o Goberno central lle negou. Máis de douscentos millóns de euros, que podería recibir a comunidade se os tribunais lle dan a razón, como ocorreu con Castela e León. Pois ben, os concellos galegos tamén están pendentes da devolución do IVE. En concreto, de 45 millóns de euros.

O presidente da Fegamp, a federación que agrupa os municipios, pídelle o delegado do Goberno que medie para conseguir os cartos.

Os concellos galegos estiman en 45 millóns de euros os cartos que deberían percibir do Estado pola liquidación do IVE de 2017. O presidente da Fegamp, Alberto Varela, pídelle ao delegado do Goberno que medie para conseguir estes fondos que a xustiza xa lle recoñeceu á comunidade de Castela e León.

Varela pediulle ademais ao delegado do Goberno que medie para que o Estado lle devolva ós concellos o IVE que lles debe e para que os concellos poidan participar dos fondos europeos Next Generation.

Sobre esta reclamación, o delegado José Miñones destacou que os concellos serán parte importante nas accións para xestionar o reto demográfico.