A fase exprés de Terceira dálles unha opción de ascender a catro equipos
Representantes do Compostela, Ourense CF, Arousa e Barco analizan a situación
A proposta da Federación deixa en tres partidos o desenlace do ascenso a Segunda B Playoff exprés e moitas incógnitas nuns equipos que se atopan inactivos. O Compostela, como campión de grupo, enfrontarase co Barco. Álvaro Casas, xogador do Compostela di que "persoalmente, gustaríame xogar o ascenso contra un equipo doutra comunidade autónoma, non contra un equipo de aquí. Que optara máis dun equipo de Galicia ao ascenso pero é imposible". David Álvarez, xogador do Barco dixo que son "un equipo que estivemos case todas as xornadas, senón todas, en playoff. Gañámolo. Tocarianos contra o Compostela, un gran rival, un equipazo que nos deu para o pelo no último partido que xogamos"
0-5 fora o marcador no último enfrontamento para os santiagueses. O outro partido xuntaría ao Ourense Club de Fútbol co Arousa. Recibiron con satisfacción esa posibilidade. Para Renan Zanelli, xogador do Ourense C.F. "é un premio para o club, para o noso club, que vén facendo as cousas ben xa desde a pasada temporada na que quedamos a un punto do playoff. Esta temporada íamos pelexar polo título ata a última xornada". Julio Rey, xogador do Arousa corrobora que "ningún club partiría con vantaxe porque partiriamos todos de cero. Polo tanto estaría de acordo co playoff exprés". Para o seu adestrador, Rafa Sáez , "a espectativa é de optimismo sobre todo se somos quen de ir acadando as diferentes fases de desescalada con eficacia, chegando a ese punto de seguridade necesaria". Renan Zanelli, do Ourense C.F. conclúe que "Compostela, Arousa e Barco son tres grandes planteis que poden estar en Segunda B e ascender"
Aínda que fose de xeito exprés regresaría o espectáculo da terceira. Ademais coa máxima transcencencia. Compostela, Ourense Club de Fútbol, Arousa e Barco á procura da segunda B. Veremos se o céspede é o que dicta sentencia.