A farmacéutica catalá Reig Jofre producirá a vacina de Johnson & Johnson
Publicado o 15/12/2020 13:25

A vacina contra a covid-19 de Johnson & Johnson vaise fabricar a grande escala en España. A farmacéutica catalá Reig Jofre chegou a un acordo con Janssen, unha das filiais do grupo estadounidense, para producir a vacina na súa nova fábrica de Barcelona.
A empresa catalá encargarase da formulación e do envasado da candidata a vacina de Janssen, que se atopa en fase 3 de investigación. Tras coñecerse o acordo, as accións de Reig Jofre disparáronse na bolsa un 14 por cento.