CRTVG

Buscar

Bos días

A familia velou onte o corpo en privado durante dúas horas, antes de abrir ao público a capela ardente

Publicado o 13/03/2018 09:12

Era o momento no que o corpo de Gabriel Cruz chegaba á Deputación de Almería. O funeral polo meniño asasinado será celebrado hoxe ás dez e media da mañá na catedral da Encarnación. A familia velou onte o corpo en privado durante dúas horas, antes de abrir ao público a capela ardente. O cadáver do pequeno foille entregado aos pais tras a realización da autopsia.

Por desexo da familia, a capela ardente do pequeno foi instalada na Deputación Provincial de Almería para que poida ser visitada por todos os que o desexen. Foi a súa forma de agradecer o apoio recibido por toda a cidadanía durante os doce días nos que non se soubo nada do seu paradoiro.

Onte, tras a autopsia, o corpo do meniño de oito anos foi velado por milleiros de persoas que se achegaron ao lugar para arroupar os pais do neno. Entre eles, autoridades como a presidenta andaluza, Susana Díaz. Tamén o ministro do Interior, que eloxiou o traballo das forzas de seguridade.

A familia velou en privado o corpo do pequeno durante un par de horas antes de abrir a capela ardente ao público. Máis de 5.000 persoas pasaron polo Patio de Luces da Deputación Provincial de Almería para darlle o último adeus ao pequeno Gabriel Cruz. A misa funeral comeza ás dez e media da mañá na catedral da Encarnación e será oficiada polo bispo de Almería.

Bos días

13/03/2018