A familia real visita Santa María del Puerto, Pobo Exemplar de Asturias 2021
Publicado o 23/10/2021 18:03
A semana dos Premios Princesa de Asturias conclúe coa visita da familia real ao Pobo Exemplar 2021.
Santa María del Puerto e os seus pouco máis de 60 veciños forman parte xa oficialmente da lista de máis de 30 pobos exemplares da Fundación Princesa de Asturias.
Situado no concello de Somiedo, no límite con León e a uns 1.486 metros de altitude, este é un dos poucos lugares onde aínda viven os vaqueiros que practican a transhumancia.
O rei Filipe, a raíña Letizia e mais as súas fillas comezaron a visita no centro veciñal e na área infantil, onde os recibiron os catro nenos da localidade.
A princesa Leonor descubriu a placa conmemorativa e tamén fixo entrega da distinción.