A familia real británica despide o duque de Edimburgo cunha cerimonia solemne pero íntima
Filipe de Edimburgo dispuxo cada detalle do funeral.Empezando polo vehículo que trasladou o seu corpo á capela do castelo de Windsor, onde se celebrou a cerimonia. Un Land Rover que o marido da raíña de Inglaterra foi modificando ao longo de dúas décadas.
Tras o vehículo marchou a pé o cortexo fúnebre. Os fillos diante. Logo os netos, entre eles Guillerme e Henrique, que camiñaron separados por un curmán. Isabel II foi en coche. Entrou primeiro na basílica e sentou soa. O resto dos familiares, coas súas parellas.
Faltou a duquesa de Sussex, que, embarazada do seu segundo fillo co príncipe Enrique, non voou desde os Estados Unidos por consello médico.
Dos 800 invitados previstos nun contexto sen coronavirus, os actos xuntaron só unha trintena, cos que a raíña tratou de reunir todas as ramas da familia do duque.
O primeiro ministro británico, que non estivo presente na cerimonia, gardou un minuto de silencio. Aínda que se pediu que se evitasen concentracións, algúns cidadáns achegáronse ás portas das residencias dos reis e tamén mostraron o seu respecto polo falecido.