CRTVG

Buscar

A familia de Nico berra "lume" para celebrar o bronce dende Vigo

Publicado o 04/08/2021 13:32

Eran as primeiras palabras do regatista vigués Nico Rodríguez tras lograr, xunto ao seu compañeiro, o catalán Jordi Xammar, a medalla de bronce na clase 470 nos Xogos Olímpicos de Toquio.

É o terceiro metal para o deporte galego, e un soño feito realidade, para eles e para a súa familia. Desde Vigo, o seu irmán Miguel non perdeu detalle da competición, cos nervios á flor de pel. Esta mañá mentres atendía a Televisión de Galicia, recibía a chamada de Nico desde Toquio... e así o felicitaba: co berro de guerra da familia Rodríguez.

A ledicia polo éxito de Nico tamén é compoartida pola sua familia deportiva da vela, despois do sabor amargo de Támara Echegoyen e Iago López que quedaron sen medalla.

Este é o mellor colofón para Nico que hai 5 anos decidiu aparcar os seus plans de marchar a traballar como odontólogo a Holanda, para embarcarse con Jordi e iniciar esta viaxe que os levou a lograr o soño olímpico.

Noticias web

04/08/2021