A familia de Isabel Fuentes recorre perante o Supremo para reclamar a responsabilidade da xuíza de instrución
Publicado o 24/09/2019 12:33
A familia de Isabel Fuentes, asasinada polo seu home Aniceto Rodríguez no hospital de Ourense, onde se recuperaba dunha agresión previa, insiste na responsabilidade da xuíza de instrución.
Acaban de presentar un recurso perante o Tribunal Supremo contra a súa exoneración. Consideran que non protexeu debidamente a Isabel, acoitelada na cama do hospital, e que debería ser sancionada.
É o segundo recurso que presentan no Supremo, que, como consecuencia do primeiro, decretara unha nova investigación. O Consello Xeral do Poder Xudicial non apreciou motivo de sanción.