CRTVG

Buscar

A familia de Diego Bello esixe xustiza un ano despois do crime

Publicado o 08/01/2021 13:51

O 8 de xaneiro de 2020 Diego Bello, empresario coruñés de 32 anos que rexentaba prósperos negocios vencellados ao turismo e ao surf na illa de Siargao, nas Filipinas, era abatido a tiros pola policía dese país.

A policía argumentou que Diego era traficante de drogas e que abriu fogo contra un axente, polo que este lle disparou. A familia nunca creu a versión oficial e defendeu sempre a inocencia do mozo coruñés. Un informe realizado por unha organización de Dereitos Humanos filipina deulles a razón.

En novembro do ano pasado lograron que se aprobara no Congreso unha proposición non de lei para instar o Goberno a pedirlles ás Filipinas unha investigación imparcial sobre a morte de Bello. Malia que aínda non lograron que se fixese xustiza, aseguran que no cesarán no seu empeño de limpar o nome de Diego.

Familiares e amigos convocaron para mañá un acto de homenaxe e lembranza a Diego Bello diante da fonte dos surfistas de Riazor.

Noticias web

08/01/2021