CRTVG

Buscar

A familia de Déborah pídelle ao xulgado que reabra o caso

Publicado o 21/06/2019 13:45
A familia de Déborah pídelle ao xulgado que reabra o caso

A familia de Déborah Fernández que aparecera morta no Rosal en 2002 pídelle ao xulgado que reabra o caso.
Queren evitar que prescriba, algo que ocorrería, se non hai avances na investigación, no ano 2022. A familia da moza elaborou un exhaustivo escrito con documentación que presentarán no Xulgado de Instrución número 2 de Tui. Nel expoñen os erros que segundo eles existiron na investigación, así como as novas probas que propoñen. O obxectivo é que o procedemento, arquivado dende 2010, se reactive.
 

Noticias web

21/06/2019