CRTVG

Buscar

A familia de Asier Niebla, asasinado pola exparella dunha moza, pide ampliar a lei de violencia xénero

Publicado o 12/08/2021 08:58

A familia de Asier Niebla, pide xustiza, ante o que consideran unha discriminación, na decisión do Tribunal Superior de Xustriza Vasco, de retirar do proceso a agravante de xénero.

Asier Niebla, morreu a mans do exnoivo da moza coa que falaba ás portas dun bar. O home foi condenado en primera instancia coa agravante: atacara a Asier por celos. O tribunal vasco aceptou agora a alegación da defensa e retira esta agravante, explicando que a moza coa que estaba a falar non entraba no proceso.

A familia da vítima pide ampliar a lei de violencia de xénero para que contemplen casos como o de Asier Niebla.

Noticias web

12/08/2021