CRTVG

Buscar

A familia das nenas de Tenerife confía en localizar o corpo da pequena Anna

Publicado o 14/06/2021 13:49

O Ángeles Alvariño segue atracado no peirao de Tenerife á espera de reiniciar a busca da pequena Anna, de tan só un ano. Traballarán na mesma zona onde se localizaba o corpo da súa irmá, Olivia, que estaba nunha bolsa de deporte a mil metros de profundidade, e xunto a ela había outra bolsa baleira.

"Se rompeu cerca da superficie, vai ser moi complicado; se rompeu cunha certa presión de auga, pode ser que consigan dar con ela", Joaquín Amills, voceiro da familia.

A operación é complicada, pero a familia confía en que poidan localizar o corpo da meniña e tamén do pai, Tomás Gimeno, para pechar o círculo. 

"Dicía Beatriz que se en algo a vida está en débeda con ela é en atopar a Anna, pero tamén a este asasino para pechar o círculo e que non haxa máis especulacións", Joaquín Amills, voceiro da familia.

Nas últimas horas a nai das nenas publicaba unha carta de agradecemento onde pide que a morte das súas fillas sirva para que se impoñan leis máis duras que protexan os menores.

"Estamos falando dun tema de violencia vicaria, que é forma máis terrible da violencia de xénero, que é forma de usar aos fillos para facerlle dano ás nais", di Consuelo Abril, avogada da familia.

A Fiscalía das Palmas investigará o párroco que a través das redes sociais culpaba a nai das pequenas da súa morte.

Noticias web

14/06/2021