CRTVG

Buscar

A falta de procesións, Ferrol expón a imaxinería da Semana Santa para que se poida visitar

Publicado o 01/04/2021 20:51

Hoxe é Xoves Santo,  pero a pandemia obrigou a modificar a celebración da Semana Santa e non hai procesións. Aínda así, en Ferrol buscaron unha alternativa para non renunciar de todo ás procesións. Son as procesións estáticas.  Toda a imaxinería que cada Semana Santa sae procesionar exponse nos seus tronos, cos seus adobíos e  coa súa roupa de gala. Repártense en tres carpas e nas igrexas sede de cada confraría. Cada día expóñense as que terían que saír en procesións. Esta iniciativa, a das procesións estáticas está a ter moi boa acollida, din que polo menos este ano poden ver as imaxes, non coma o ano pasado cando o confinamento domiciliario obrigou a pechar todo.

A virxe das Angustias e unha das imaxes que saía cada Xoves Santo polas rúas de Ferrol. Pero a pandemia volve deixar este ano a Semana Santa sen procesións. Este ano polo menos, houbo tempo para organizarse e a imaxinería está exposta en igrexas e carpas, son as procesións estáticas. O que non cambia a covid é a devoción e a admiración, segue inalterables. A Semana Santa de Ferrol terá que agardar a 2022 para poder lucir como festa de interese turístico internacional que é.

 

Noticias web

01/04/2021