CRTVG

Buscar

A falta de gol penaliza o Lugo en Tenerife

Publicado o 15/10/2018 18:20

Da xornada de segunda lembramos o empate sen goles do Lugo en Tenerife. O Lugo xoga o mércores o encontro de Copa co Alcorcón.

En Tenerife, o Lugo careceu de profundidade e acerto nos últimos metros. Chegou ás inmediacións da portería tinerfeña en varias ocasións. Nalgunhas con espazo. Pero as decisións adoptadas por Lazo ou Dongou non foron as axeitadas. Control do partido no centro do campo, o balón en propiedade durante moitos minutos pero pouco máis.

O Lugo volve de Tenerife cun punto e sen encaixar.

Noticias web

15/10/2018