CRTVG

Buscar

A falta de cobertura nunha aldea da Gudiña puxo en risco a vida dun veciño porque non podían chamar o 112

Publicado o 15/04/2021 14:58

Un bo susto e moi apurados se viron os veciños de O Seixo cando unhas abellas picaron a Ignacio de 64 anos, é alérxico e quedou inconsciente. E sen coberturas nos teléfonos unha veciña coxeando tivo que ir camiñando polo monte ata que foi quen de avisar o 112, e salváronlle a vida.

Ignacio está ben e din que hoxe xa lle van dar a alta. Pero os veciños están moi indignados. Hai unhas semanas os veciños de O Seixo, da Gudiña e da Veiga, de Riós, denunciaran aquí no Galicia noticias os problemas coa cobertura, din que agora non poden chamar nin dentro nin fóra das casas.

Piden unha solución urxente a quen corresponda, á empresa de telefonía, ás administracións locais ou a Xunta e mesmo din que falaron co subdelegado do goberno. Catro veciños están sen vacinar porque non puideron comunicarse con eles e din que o que queren é evitar unha desgraza.

Noticias web

15/04/2021