A falta de auga provoca restricións nalgúns concellos
Despois de semanas sen apenas precipitacións xa comeza a haber problemas coa subministración de auga nalgúns concellos, e non só pola falta de chuvia.
O aumento da poboación durante o verán, o mal uso da auga, a falta de chuvia ou a pouca conservación dalgunhas infraestruturas son algúns dos motivos que levan os concellos a ter que restrinxir o uso da auga durante o verán.
Aconteceu, por exemplo, no concello ourensán de Vilar de Barrio, onde tiveron que cortar a subministración de auga en dúas parroquias durante tres noites para poder recuperar a auga e restablecer o servizo.
Aconteceu aquí, pero tamén noutra ducia de concellos espallados por toda a provincia. A recomendación é a mesma en todos eles: piden un consumo responsable da auga e non utilizala para outra cousa que non sexa o seu uso doméstico.