A fábrica "intelixente" de Benteler en Mos, pioneira dentro do grupo a nivel mundial
Publicado o 23/04/2021 13:32
A planta de Benteler en Mos é pioneira en todo o grupo a nivel mundial na fabricación intelixente. Tamén é unha das máis productivas e referente en calidade de compoñentes para automoción.
Acaba de inaugurar a modernización das súas instalacións, en que investiu nove millóns de euros e nas que traballan 650 persoas. O conselleiro de Economía destacou a aposta polo talento desta factoría en Galicia.