CRTVG

Buscar

A ex-xerente e o tesoureiro de Podemos negan que a suposta coidadora de Irene Montero cobrase do partido

Publicado o 19/07/2021 14:52
A ex-xerente e o tesoureiro de Podemos negan que a suposta coidadora de Irene Montero cobrase do partido

A ex-xerente e o tesoureiro de Podemos declararon como imputados no chamado caso Niñera.

Rocío Esther Val e Daniel de Frutos foron citados polo xuíz que investiga se Irene Montero, actual ministra de Igualdade, utilizou unha asesora do partido para coidar dos seus fillos.

A Fiscalía sinala que ordenaron os pagos con fondos de Podemos, e considera que iso pode constituír delito electoral ou administración desleal. Val e de Frutos declararon que Teresa Arévalo non cobraba do partido, senón do grupo parlamentario, no momento en que, segundo as acusacións, exerceu de coidadora.

Noticias web

19/07/2021