CRTVG

Buscar

A exsenadora de Podemos Celia Cánovas acusou o partido de irregularidades

Publicado o 24/02/2021 13:45

A avogada e exsenadora de Podemos Celia Cánovas falou hoxe sobre a caixa de solidariedade de Podemos. Nunha entrevista en Onda Cero, acusou o partido morado de irregularidades. Di que ningún dos cargos que, coma ela, doaban diñeiro ao partido souberon nunca a que se destinaba.

"Ninguén soubo a onde ía o diñeiro. Sempre entendín que ía para o partido, para organizarnos, e que parte ía para causas sociais. A verdade é que nunca se nos dixo onde está".

Dentro da investigación xudicial a Podemos, a Fiscalía pide abrir unha peza separada para esclarecer o suposto uso dunha traballadora do partido como coidadora dos nenos de Pablo Iglesias e Irene Montero.

Os feitos denunciounos a exresponsable do cumprimento normativo do partido, Mónica Carmona. A Fiscalía quere investigar se se usaron cartos de Podemos para contratar eses servizos, en beneficio persoal de Montero e Iglesias.

Noticias web

24/02/2021