CRTVG

Buscar

A exposición 'Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade' repasa a vida e a obra da escritora

Publicado o 07/06/2021 14:14

Nacida en 1951, Emilia Pardo Bazán foi unha das grandes escritoras europeas da súa xeración. A exposición 'O reto da modernidade' percorre a vida e obra da intelectual galega. Tamén o contexto histórico e literario en que viviu, o do último terzo do século XIX e as primeiras décadas do XX.

Todo, cun obxectivo: "Poñer en valor a importancia das contribucións de dona Emilia en áreas como a cultura, educación... e tamén destacar o carácter pioneiro en ámbitos como a literatura, a etnografía e tamén no ámbito do feminismo", explica Román Rodríguez, o conselleiro de Cultura. 

Fixeron falta case 2 anos para recabar todo o material de arquivo. Máis de 200 pezas entre as que se atopan obras clásicas e manuscritos iné ditos como a súa última novela policíaca. Tamén fotos, cartas persoais e diversos obxectos, entre os que hai algún retrato de Sorolla, así como referencias ás torres de Meirás, en cuxo deseño participou e onde escribiu parte da súa transgresora obra.

Isabel Burdiel, a comisaria da exposición, di que "era unha muller amante das polémicas, mordaz, atrevida, antisentimental, tiña un gran sentido do humor e utilizouno tanto na súa obra coma nos seus ensaios".

A mostra trasladarase á Coruña no último trimestre do ano. De momento pode verse na biblioteca Nacional, en Madrid, do 9 de xuño ao 26 de setembro. 

Noticias web

07/06/2021