CRTVG

Buscar

A explosión de contaxios entre mozos dispara a incidencia en Vigo

Publicado o 13/07/2021 16:20

Longas colas no covidauto do hospital Cunqueiro de Vigo. A maioría son mozos que tiveron contacto con contaxiados e queren saír de dúbidas. Con 830 contaxios a incidencia de Vigo sitúase no risco extremo.

Saltan as alarmas, sobre todo na hostalería, que con toda probabilidade terá que reducir ocupacións. Agárdanse restricións en Vigo e tamén noutros concellos como Oia, ou Nigrán. Salceda de Caselas e Redondela son os únicos que as teñen polo momento. En total a área sanitaria suma 1.270 casos, o maior reconto de toda Galicia.

Noticias web

13/07/2021