CRTVG

Buscar

A expedición ao K2 de Félix Criado prepárase para o temporal

Publicado o 18/02/2019 17:59

E a expedición ao K2 do galego Félix Criado, liderada polo vasco Alex Txikon, está preparada para recibir un temporal de vento en plena ascensión do único oitomil que queda por subir neste inverno.

Criado e os seus compañeiros ergueron un muro de protección para evitar que vento de 100km/hora tire as tendas no campo base. O vento pode superar os 200 km/hora na cima, a 8.611 metros. Esta expedición e unha rusa intentan coroar por primeira vez o K2 en inverno.

 

 

Noticias web

18/02/2019