CRTVG

Buscar

Seis comunidades autónomas cumpren con todos os requisitos da desescalada

Publicado o 28/04/2020 20:48

Os datos rexistrados nos últimos 14 dias en España revelan que a epidemia está controlada e que pode comezar a etapa de desconfinamento e as medidas de alivio para a maioría da poboación. Pero a evolución da pandemia non é igual en todo o territorio.

"Oito comunidades autónomas notificaron menos de 30 casos diarios, e algunhas incluso menos de dez; outras só tiveron entre cerro e dous falecidos ao dia, e outras sete non tiveron nas ultimas horas ningún ingreso en UCI", dí Fernando Simón.

As seis que neste momento cumpren con todos os requisitos son Andalucía, Asturias, as Baleares, as Canarias, Valencia e Murcia. Hai catro, pola contra, que están na peor situación para afrontar a desescalada: Madrid, Cataluña, Castela e León e Castela-A Mancha.

Con todo, todas amosan un claro descenso na evolución de novos casos.

Noticias web

28/04/2020