CRTVG

Buscar

A eutanasia xa é legal en España a partir de hoxe

Publicado o 25/06/2021 19:52
A eutanasia xa é legal en España a partir de hoxe

Entra en vigor a lei da eutanasia. España convértese no sétimo país do mundo que recoñecen o dereito de solicitar e recibir axuda para morrer. Poden pedila as persoas maiores de idade que padezan unha enfermidade incurable que lles cause un sufrimento insoportable.

Os médicos poden acollerse á obxección de conciencia, que debe facerse por escrito e de forma anticipada. A lei está recorrida no Constitucional, que xa rexeitou a petición de Vox de suspender a súa entrada en vigor. O PP tamén a vai recorrer, pero non na súa totalidade.









 

Noticias web

25/06/2021