A Eurocámara aproba o certificado de vacinación europeo
Publicado o 08/06/2021 21:24

O pleno do Parlamento europeo mostrou o seu apoio maioritario á aprobación do Certificado Covid da UE que facilitará as viaxes dos turistas europeos vacinados, con anticorpos ou cun test negativo recente
O pleno votou a última hora de hoxe a aprobación necesaria para que o certificado poida entrar en vigor plenamente o próximo 1 de xullo, ainda que o resultado non se fará público ata mañá, cando se dá por feito que ratificará esta iniciativa.
A Comisión Europea instou as autoridades nacionais a iniciar dende xa a emisión dos certificados, algo que xa están facendo 8 países, entre eles, España.