A estrea de Manu Barreiro no Anxo Carro esperta ilusión no Lugo
O santiagués era unha vella aspiración da bancada
Poucas fichaxes no Lugo xeraron tantos eloxios e unanimidade nos últimos anos como Manu Barreiro.
Con esta contratación os afeccionados vían realizado un soño de varias temporadas.
E o santiagués cumpría unha vella aspiración que se adaptaba ao seu estilo de xogo.
Manu Barreiro. C.D. Lugo. "Pode ser un equipo moi bó para min porque para o dianteiro ter opcións de gol é moi importante e neste caso lémbrome que cando viña xogar contra o Lugo que era un sufrimento porque tiñamos que andar sempre detrás do balón".
A calidade do dianteiro e as boas actuacións que sempre tivo contra o Lugo axudaron a crear esta ilusión na bancada.
Manu Barreiro. C.D. Lugo. "A primeira temporada no Alavés gañamos alí cun gol meu, na segunda volta perdimos por tres a dous pero marquei os dous".
Tamén se lle da ben o seu rival desta tarde, o Zaragoza, un inimigo directo na loita pola permanencia.
Manu Barreiro. C.D. Lugo. "Eu creo que é un grandísimo equipo, con moi bós xogadores, con moitos nomes importantes na categoría que, agora mesmo, desde a chegada de Víctor está a facer un mellor fútbol, está tendo resultados e un xogador coma Álvaro Vázquez que foi compañeiro meu e está nun bó momento e hai que telo controlado".
Con Manu Barreiro, o Lugo agardar medrar a pasos axigantados.