CRTVG

Buscar

A estraña expulsión con efecto retardado de Nolito

Publicado o 17/07/2020 20:07

A xornada puido ser menos dolorosa para o Celta se subise ao marcador este tanto de Nolito no tempo engadido que Munuera Montero anulou por fóra de xogo posicional do Toro Fernández despois de revisar a xogada no VAR. Pero, para máis inri, esta acción acabaría coa expulsión de Nolito.

As cámaras da TVG captaron a secuencia completa. Munuera Montero está revisando a pantalla. Nolito achégaselle para indicarlle onde ten que mirar. Munuera Montero afástao e amenázao con amoestalo. Aspas media, o colexiado marcha. Achéganse Campaña e Vezo para dicirlle que sería o segundo cartón. Munuera Montero pregúntalle ao linier se é segunda amoestación. Este asente.

Entón muda de opinión e expulsa a Nolito con efecto retardado. O colexiado ten un polémico historial co Celta e mesmo o club vigués chegara a pedir no 2017 que non lles volvese arbitrar. O Celta NON perdeu por Munuera Montero, pero hai actitudes dos árbitros que son inexplicables.

Noticias web

17/07/2020