CRTVG

Buscar

A estación de montaña de Manzaneda reabre as súas intalacións para o verán

Publicado o 13/06/2021 17:53

Que se pode facer na estación de montaña de Manzaneda cando non neva? Pois agora moitas cousas, as instalacións nun dos cumios máis altos do país abre as súas portas no verán transformado nun parque multiaventuras na montaña.

Actividades para gozar toda a familia, ademais dunha gran tirolina, moitas están orientadas aos máis pequenos, pero tamén hai rutas de sendeirismo, cabalos e os aloxamentos están reformados.

A practica da bici da montaña conta con cinco pistas renovadas, con subida no telecadeira e descenso de vertixe está atraendo a moitos afeccionados de toda Galicia.

A partir do 24 de xuño ata 0 12 de setembro a estación de montaña de Manzaneda estará aberta todos os días para gozar do deporte, os xogos e a natureza.

Noticias web

13/06/2021