CRTVG

Buscar

A estación de Manzaneda abre este sábado como parque de aventuras

Publicado o 10/06/2021 16:28

A estación de montaña de Manzaneda xa está lista para a súa apertura este sábado como parque de aventuras. Dende esta fin de semana poderase gozar de actividades coma esta espectacular tirolina de 250 metros.

Tamén hai circuítos de orientación, rutas de a cabalo ou actividades para a cativada. Manzaneda estivo ensaiando esta apertura total as fins de semanas previas con actividades coma o descenso en bicicleta.

Noticias web

10/06/2021