CRTVG

Buscar

A estación de Manzaneda abre esta fin de semana con novidades

Publicado o 07/06/2021 16:37

Esta fin de semana a estación de montaña de Manzaneda abre as súas portas con actividades de turismo activo e deporte. A nova xerencia pretende darlle vida fóra da época de neve.

Comezará a funcionar unha tirolina xigante de 250 metros, un parque multiaventura, xogos tradicionais, circuítos de orientación e tiro con arco. Para gozar das paisaxes e o contorno natural que ofrece Manzaneda tamén se poderá usar a telecadeira turística ou realizar rutas de sendeirismo e marcha nórdica.

A curto prazo prevese que se sumen a esta oferta o paintball e as rutas a cabalo. Alfonso Rueda incidiu en que estas actividades e as que se vaian incorporando permitirán promocionar e posicionar Manzaneda como destino turístico.

Noticias web

07/06/2021