CRTVG

Buscar

A estación de autobuses de Pontevedra e a de tren estarán conectadas a principios do verán

Publicado o 06/04/2021 16:24

Os traballos marchan a bo ritmo logo da demora polas dificultades na subministración de materiais debido á pandemia. Durante a visita ás obras, a titular de Infraestruturas salientou a aposta do Goberno autonómico por este tipo de mobilidade.

O proxecto contempla a rehabilitación integral do edificio da estación de autobuses e a urbanización da praza exterior que servirá de conexión peonil coa terminal de tren para facela máis áxil e segura. Ademais, inclúe a humanización da zona e unha mellora ambiental deste espazo.

A estación intermodal, que estará rematada a principios do verán, ten un custo de case 6 millóns de euros, deles o 75 por cento financiados pola Xunta de Galicia e o 25 por cento polo Concello de Pontevedra.

Noticias web

06/04/2021