CRTVG

Buscar

A esquerda chama a derrotar a ultradereita en Madrid e Ayuso di que Sánchez quere dividir os españois

Publicado o 25/04/2021 14:52

Pedro Sánchez asegurou que Vox traspasou una liña vermella o venres e que agora hai unha meta que transcende as siglas do PSOE e o candidato do seu partido, Ángel Gabilondo. É "a derrota da ultradereita e do fascismo" nas urnas por parte da esquerda: "Vin pedir o voto por unha razón moito máis poderosa. Vin pedir o voto para que freemos todos a ameaza extremista que representa a utradereita, que a freemos cos votos, que defendamos a nosa democracia cos votos, que protexamos a nosa convivencia cos votos o vindeiro 4 de maio"

Díaz Ayuso aposta por menos impostos e menos burocracia para atraer máis empresas para Madrid. Ao mesmo tempo, di que os madrileños van frear o plan de Sánchez, que pacta co independentismo catalán e Bildu, e, ao seu entender, enfronta os españois: "Enfrontando as comunidades autónomas, enxalzando sentimentos guerracivilistas; por iso falan constantemente do pasado e por iso buscan dividirnos tamén por aí. E, sobre todo, é un proxecto que para perpetuarse na Moncloa estivo pactando co contorno político da ETA".

Desde Más Madrid, Mónica García sostén que fronte á intolerencia e o odio de Vox a mellor receita é o feminismo.
Edmundo Bal asegura que Ciudadanos é garantía de sensatez para que non se rompa a concordia en Madrid
Rocío Monasterio di que Vox non vai permitir que a esquerda traia a ruÍna e as políticas totalitarias latinoamericanas.
E Pablo Iglesias explica que foron pioneiros na "alerta antifascista" e que estas eleccións van de democracia ou fascismo.

Noticias web

25/04/2021